Torrado Romero, Ramón (1966-

Torino / Ramón Torrado Romero - 1ª - Rianxo : Axóuxere Editora , 2021 - 228 p. ; 20 cm - Caliope ; 7 .

Torino é o relato dunha viaxe, un traxecto entre Galicia e Italia que lle serve ao autor para explicarse á súa familia. Un libro de crónica que é un libro de ensaio, que é asemade un libro de pensamento. A aventura descrita aconteceu no ano 2003 e o texto foi escrito nos dous anos seguintes, pero os sentimentos experimentados e os pensamentos explorados seguen presentes, coma unha eternidade a repetirse, fundando un cronotopo, un eido onírico que universaliza a vivencia do autor e nola doa. Esta travesía física e espiritual pide unha lectura calmada que permita que a imaxinación pinte un retrato das peripecias que se contan e que o pensamento considere as ideas que se ofrecen como flores. Os pasos da vida e a inquedanza polo inmaterial están presentes. No fondo do río da vida, entre pedras ásperas ou puídas, talvez encontre o lector humildes pedras preciosas no abalar que o mar do spiritus mundi provoca, xunto con múltiples conexións, augurios e emocións voando en liberdade. Un brillante libro no que sentimento, intelecto e fantasía conviven amablemente.

9788494855375


Vivencias

821.134.4-94"20" 821.134.4-4"20" 82-N