Herrero Ameixeiras, Maite

Unha ponte para Najla : Construíndo unha ponte de amor entre os pobos / Maite Herrero Ameixeiras, ilustracións Joseba G. Plazuelo - 1ª - Galicia :Edicións Fervenza ,2021 - 48 p : il cor ; 22 x 24

10 a 12 anos

Conto infantil que aborda unha temática tan de actualidade como é a situación dos refuxiados sirios dende un prisma diferente, dende a inocencia duns cativos que non entenden de política, senón de amizade. A historia convida a reflexionar sobre o necesarias que son a comunicación interxeracional e a memoria histórica, para que todos os suxeitos nos convirtamos en suxeitos activos da solidariedade entre os pobos.

A obra pretende achegar a grandes e pequenos a través dunha ponte imaxinaria na que todos, antes ou despois nos podemos ver no mesmo lugar, a emigración. Un conto con mensaxe no que dous cativos, a través do “libro da vida” que lle narra a súa avoa cada día, son capaces de comprender con sinxeleza que é preciso tender a man, pois todos os pobos, antes ou despois, sofren a emigración. Así será como os dous intrépidos protagonistas, Lois e Inés, ofrecerán a súa amizade a Najla, unha nena refuxiada siria que se atopa nun lugar alleo e nunha sociedade diferente.

3º-4º Primaria 5º-6º Primaria

8418136421


Apadriñamentos Lectores--Ed. Infantil/ NEAE


Inmigración--Contos
Refuxiados
Guerra
Integración
Dereitos humáns
Memoria histórica
Avós
Relacións familiares


Siria
Siria

4 82-N

Coa tecnoloxía Koha