Gómez Ramos, Adrián

Cando sangren os lobos / Adrián Gómez Ramos - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2021 - 153 p. ; 22 cm - (Fóra de xogo ; 196) .

IPremio Xuventude Crea de Novela Curta

Hai un asasino solto polas rúas de Compostela e só dous irmáns distanciados tras a morte dos seus pais coñecen os segredos necesarios para detelo. Fernán e Xandre Malvís terán que superar as barreiras autoimpostas entre eles e aprender a confiar o un no outro mentres se enfrontan a un criminal que supera totalmente o raciocinio. Lobishomes, meigas e segredos de antigas familias crean un entramado que, de non ser resolto, porá en perigo as vidas de todos os habitantes da cidade. O tempo corre ata a seguinte lúa chea; cada nova noite pode supoñer unha vítima máis e, un só erro, a perda de todo aquilo que os irmáns consideran digno de protección.

1º-2º BAC 3º-4º ESO

9788491219361


Misterio
Crime

821.134.4-31"20" 82-N