Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Gaspar, o pastor de lebres / Paco Liván, Lucie Mullerova

por Liván, Paco [autor/a]; Liván, Paco; Mullerova, Lucie.
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontedeume :OQO ,2007 Edición: 1ª.Descrición: 60 :il.col. ;22cm.ISBN: 9788496788763.Materia(s): Bondade - Conto Ilustrado (A Partir De 8 Anos) | Cuentos fantásticos | Emociones y sentimientos -- Cuentos | Avaricia -- Cuentos | Reyes -- Cuentos | Cuentos clásicos y populares | Pastores -- Cuentos | Bondad -- Cuentos | Princesas -- CuentosRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Gaspar, un labrego humilde e atrevido, quere conquistar unha princesa moi rabuda. Farta de que seu pai a queira casar, e de ter que aturar a lingoreteiros e interesados, a princesa ponlles unha condición aos seus pretendentes: guiar as súas cincuenta lebres deica o bosque e traelas de volta ao cabo de tres días. No seu camiño, Gaspar axuda unha velliña, e a súa acción é recompensada cun obxecto máxico, de grande utilidade para pastorear lebres. Pero Gaspar non é un pretendente do gusto da familia real, e aínda terá que superar unha proba máis, antes de obter a súa aprobación. Á marxe das críticas implícitas ao comportamento dos nobres, e do interese literario do propio relato, neste conto resulta especialmente atractiva a figura do narrador: este personaxe, que forma parte da historia, nun momento determinado, deixa atrás o escenario imaxinario e, montado nunha bala de canón, ao xeito dun cronista, prosegue coa narración da historia en tempo real. Esta divertido conto, inzado de momentos grotescos e de situacións cómicas, representa unha das xoias da tradición oral danesa. E en Noruega aínda hoxe, perdura unha versión similar, na que as lebres son propiedade do rei. Polo que respecta ás ilustracións de Lucie Müllerová, a autora recrea divertidos personaxes, verosímiles e cunha psicoloxía convincente. Digno de nota, resulta o coidado co que a ilustradora trata de reflectir o xesto e os estados de ánimo de cada un deles, o que multiplica o poder suxestivo e emocional das imaxes.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Este rexistro ten moitos ítems físicos (51). Faga clic aquí para velos todos.


DE 6 A 8 ANOS

Gaspar, un labrego humilde e atrevido, quere conquistar unha princesa moi rabuda. Farta de que seu pai a queira casar, e de ter que aturar a lingoreteiros e interesados, a princesa ponlles unha condición aos seus pretendentes: guiar as súas cincuenta lebres deica o bosque e traelas de volta ao cabo de tres días.

No seu camiño, Gaspar axuda unha velliña, e a súa acción é recompensada cun obxecto máxico, de grande utilidade para pastorear lebres. Pero Gaspar non é un pretendente do gusto da familia real, e aínda terá que superar unha proba máis, antes de obter a súa aprobación.

Á marxe das críticas implícitas ao comportamento dos nobres, e do interese literario do propio relato, neste conto resulta especialmente atractiva a figura do narrador: este personaxe, que forma parte da historia, nun momento determinado, deixa atrás o escenario imaxinario e, montado nunha bala de canón, ao xeito dun cronista, prosegue coa narración da historia en tempo real.

Esta divertido conto, inzado de momentos grotescos e de situacións cómicas, representa unha das xoias da tradición oral danesa. E en Noruega aínda hoxe, perdura unha versión similar, na que as lebres son propiedade do rei.

Polo que respecta ás ilustracións de Lucie Müllerová, a autora recrea divertidos personaxes, verosímiles e cunha psicoloxía convincente. Digno de nota, resulta o coidado co que a ilustradora trata de reflectir o xesto e os estados de ánimo de cada un deles, o que multiplica o poder suxestivo e emocional das imaxes.

3º-4º Primaria