Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Esperando o amencer / Fabiola Anchorena; ilustracións, Fabiola Anchorena; tradución, Manuela Rodríguez

por Anchorena, Fabiola [autor/a]; Rodríguez, Manuela [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2022 Edición: 1ª ed.Descrición: 40 p. : ilu. cor ; 20 cm.ISBN: 9788413431772.Materia(s): Incendios | ODS.15 | Bosques | Animais | Natureza | Medio ambiente | Cambio climáticoRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Un lamento contra os devastadores incendios que aniquilan os bosques, na voz das criaturas que os habitan. Unha absoluta escuridade envolve a selva dende hai tempo. Os seus habitantes estrañan a Lúa e as estrelas pero, sobre todo, o Sol. Lonxe de atopar a súa cálida fonte de vida, os animais descobren a devastación e o pánico ante un inmenso lume que non se nomea. Lista(s) nas que aparece este ítem: PDI Paisaxes encantadas
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Non existen ítems para este rexistro

A autora, Fabiola Anchorena, plasmou a agonía da Amazonia, aínda que podería tratarse de calquera bosque do mundo. Toda a fauna -terrestre, acuática e voadora- únese nunha causa común, «Esperando o amencer». Un texto poético contrasta coa dureza desta historia, cuxa forza comunicativa recae principalmente nas ilustración: o formato da dobre páxina potencia o efecto cinematográfico das imaxes pola variedade de planos -frontais, aéreos, cenitais, detalles, subxectivose a súa secuenciación. Destaca o maxistral tratamento da cor, coa evolución dende as escenas escuras que permiten mesmo apreciar as sombras, ata a progresiva entrada das chispas e da incandescencia das páxinas, cuxa intensidade vai decrecendo.

A obra distinguida co XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados denuncia a destrución dos pulmóns do planeta a causa dos grandes incendios provocados polo cambio climático e pola acción do ser humano.

Un lamento contra os devastadores incendios que aniquilan os bosques, na voz das criaturas que os habitan.
Unha absoluta escuridade envolve a selva dende hai tempo. Os seus habitantes estrañan a Lúa e as estrelas pero, sobre todo, o Sol. Lonxe de atopar a súa cálida fonte de vida, os animais descobren a devastación e o pánico ante un inmenso lume que non se nomea.

1º-2º Primaria