Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Elipsis e outras sombras / Xosé Luís Méndez Ferrín

por Méndez Ferrín, Xosé Luís [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Galaxia narrativa.Editor: Vigo :Galaxia ,1974 Edición: 2ª ed.Descrición: 138 p ;20cm.ISBN: 8471542110.Materia(s): Política | Fascismo
Contido:
Indice oito relatos: «Prólogo. Impunidade» Seis contos: Elipsis, Partisan 4, Ela, Boomerang, O delito, Explosión e Laberinto «Epílogo. Ditadura das cousas»
Resumo: O primeiro relato fainos ver a continuidade ideolóxica entre un usureiro vilego ignorante e reaccionario, e o seu fillo, señorito en Santiago e Madrid, que participará, realizándose plenamente como asasino fascista, nas matanzas posteriores ó levantamento militar de 1936. O último conto transmítenos a voz dunha muller burguesa que, mentres critica o exceso de atención á realidade por parte dos progresistas, pretende coñecer a verdade espiritual e non cesa un momento de aconsellar o consumo de miles productos, para finalmente declarar o seu enorme interés polo producto rei da sociedade que adora: o diñeiro. Os seis relatos centrais, empezando por «Elipsis», son seis variacións sobre un mesmo tema: a loita de clases. Clases que case sempre aparecen configuradas como castes, unhas mantedoras e outras sufridoras de sistemas de producción e maquinarias represivas que reducen ó ser humano á condición de animal inferior, atrapado en tradicións, en ritos, en labirintos deseñados dende o poder para perpetuarse. Nesta dinámica de represión e resistencia, os oprimidos viven instalados na derrota coma unha condena perpetua. Non obstante a vinganza e o triunfo, como en «Elipsis», pode chegar algún día, no remate dun ciclo, para quen conserva o cerne da súa identidade intacto.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Este rexistro ten moitos ítems físicos (60). Faga clic aquí para velos todos.


Indice

Indice
oito relatos:
«Prólogo. Impunidade»
Seis contos: Elipsis, Partisan 4, Ela, Boomerang, O delito, Explosión e Laberinto
«Epílogo. Ditadura das cousas»

O primeiro relato fainos ver a continuidade ideolóxica entre un usureiro vilego ignorante e reaccionario, e o seu fillo, señorito en Santiago e Madrid, que participará, realizándose plenamente como asasino fascista, nas matanzas posteriores ó levantamento militar de 1936. O último conto transmítenos a voz dunha muller burguesa que, mentres critica o exceso de atención á realidade por parte dos progresistas, pretende coñecer a verdade espiritual e non cesa un momento de aconsellar o consumo de miles productos, para finalmente declarar o seu enorme interés polo producto rei da sociedade que adora: o diñeiro. Os seis relatos centrais, empezando por «Elipsis», son seis variacións sobre un mesmo tema: a loita de clases. Clases que case sempre aparecen configuradas como castes, unhas mantedoras e outras sufridoras de sistemas de producción e maquinarias represivas que reducen ó ser humano á condición de animal inferior, atrapado en tradicións, en ritos, en labirintos deseñados dende o poder para perpetuarse. Nesta dinámica de represión e resistencia, os oprimidos viven instalados na derrota coma unha condena perpetua. Non obstante a vinganza e o triunfo, como en «Elipsis», pode chegar algún día, no remate dun ciclo, para quen conserva o cerne da súa identidade intacto.

1º-2º BAC

Coa tecnoloxía Koha